ALAS E ONDAS RENDIDAS E NACENDO
Sol maior,
as Illas fronte a fronte.
Sobreviven conformes
ao asalto do océano
e un gran bosque de pinos.
¿Cal é o sentido
deste pulo perpetuo
que a onda nos transmite?
Estar en desbandada,
primitiva conducta
de alguén que queda ceibe.
Liberdade e voo
son a mesma palabra.
Tempo de luz:
un recordo salvaxe,
un grito,
un navío.
Este poema é unha clara reclamación da liberdade para as mulleres, en contraste á
situación anterior en que se atopaban nun plano secundario con respecto á
posición dominante dos varóns. Esta composición pertence tamén a Tempo de ría.
Os elementos centrais do poema son as alas e as
ondas, elementos femininos que gozan de absoluta liberdade. O propio título do
poema dá conta da situación das mulleres “rendidas”, é dicir, en posición de
submisión. Porén, as mulleres nacen agora, isto é, existen, comezan a súa vida:
“nacendo”.
A seguir, trátase a liberdade das alas dos paxaros. “Estar en desbandada” é o que desexa o eu lírico, isto é, separarse para ser el mesmo sen necesidade de ninguén: “primitiva conducta / de alguén que queda ceibe”.
Na cuarta estrofa, a autora asocia claramente a liberdade con voar: “Liberdade e voo / son a mesma palabra”. Para rematar, na última estrofa, “Tempo de luz” fai referencia á sabedoría, que leva á liberdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario