A nova literatura das escritoras galegas
Xohana Torres é unha das iniciadoras da literatura galega feminista na
segunda metade do S.XX.
A finais deste século as escritoras galegas comezan a
reivindicar con forza a existencia das mulleres, é dicir, o seu papel activo na
sociedade, a súa liberdade e a súa independencia. As mulleres saen do plano
secundario en que se atopaban dentro da sociedade e, por primeira vez, toman a
palabra para falar de si mesmas e por si mesmas.
As autoras van mudar a condición do seu colectivo na literatura e farano construíndo
unha nova imaxe do suxeito feminino. Até o de agora, a visión da muller que existía na
literatura galega era unha imaxe patriarcal, xa que a perspectiva que abundaba era a dos escritores
varóns, que describían ás mulleres desde esta perspectiva.
A nova visión caracterízase pola autodefinición. Isto é, as escritoras defínense a si mesmas. Mais non individualmente, senón desde o conxunto. Unha das reinterpretacións máis importantes será a do
corpo feminino, é dicir, as autoras falan do seu propio corpo, que
anteriormente fora descrito só por homes.
A forma e o estilo da poesía cambian debido á modernización
do xénero. Aparecen novas imaxes poéticas ou reinterpretadas desde o punto de
vista feminino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario